Do 08/12 ao 08/12 do 2020

Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos

Peza infantil da man da compañía Teatro Avento Producións

Comeza: 08/12/20 | 18:00

Onde: Museo do Mar | Vigo | Pontevedra

Volver
Da man da compañía Teatro Avento Producións chega esta peza infantil e familiar finalista ao mellor espectáculo infantil nos XXIV Premios de Teatro María Casares 2020. Sumándose á tendencia de amor polo culinario, a acción deste musical dirixido a público a partir de 3 anos de idade, desenvólvese na pastelaría de dona Remedios, onde Ana (Rocío Salgado) e Lito (Martín Maez) terán que chegar a un pacto para defender os seus intereses. Polo camiño, e sempre en clave de comedia, irán transmitindo valores como a igualdade, a importancia do esforzo, a tolerancia ou o traballo en equipo. Ademais, o repertorio de cancións inclúe pezas destinadas a reforzar o léxico dos números ou as cores.
  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística