Do 05/12 ao 05/12 do 2020

Obradoiro de pandeireta

Obradoiro de percusión e canto tradicional a cargo de Xabier Díaz

Comeza: 05/12/20 | 10:30 | Remata: 05/12/20 | 19:00

Onde: Cidade da Cultura de Galicia | Santiago de Compostela | A Coruña

Volver
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 propón estas xornadas de formación impartidas por un dos músicos máis relevantes do panorama galego de música de raíz. Cunha metodoloxía que alternará os aspectos teóricos e a práctica e que se adaptará ao nivel e necesidades dos asistentes, Xabier Díaz abordará as técnicas básicas da pandeireta e do pandeiro cadrado e o seu repertorio tradicional fundamental, relacionará o repertorio galego co doutras rexións do mundo e as melodías tradicionais cos modos antigos e mais poñerá en valor a importancia da muller na conservación da música tradicional e  o patrimonio musical de Galicia.
  • Obradoiro
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística