Do 09/05 ao 09/05 do 2021

Hasme oír

Concerto de presentación do último traballo de A Banda da Loba en homenaxe a Xela Arias.

Comeza: 09/05/21 | 12:00

Onde: Museo do Mar de Galicia | Vigo | Pontevedra

Volver

A iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

A banda da Loba tennos xa acostumados ás musicalizacións de poemas das figuras máis representativas da nosa cultura. Con Xela Arias, á que afirman ter como unha das súas grandes referentes, non podía ser diferente. Hasme oír será, polo tanto, unha homenaxe á gran poeta e muller transgresora que foi a homenaxeada o Día das Letras Galegas 2021.

  • Concerto
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística