Do 19/09 ao 19/09 do 2021

Xela Arias. Poeta nas marxes

Proxeccións audiovisuais do documental dirixido por Beatriz Pereira e coloquio posterior arredor da súa figura, vida e obra.

Comeza: 19/09/21 | 18:00

Onde: Centro Cultural de Cerdedo | Cerdedo-Cotobade | Pontevedra

Volver

A Secretaría xeral de Política Lingüística pon en marcha, no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia, a actividade Xela Arias. Poeta nas marxes, coa que fai partícipe á Rede de Dinamización Lingüística da homenaxe á autora anfitrioa deste 17 de maio con proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira e un coloquio posterior arredor da súa figura, vida e obra.

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra dunha "francotiradora das letras", deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

O programa, dirixido a todos os públicos desde os 12 anos de idade, chegará desde este mes ata outubro ás localidades de Sarria, Folgoso do Courel, Xinzo de Limia, A Pobra de Trives, Moaña, Tomiño, Marín, Ribeira, Melide, Lalín, Monforte de Lemos, O Pereiro de Aguiar, O Carballiño, Cabana de Bergantiños, Viveiro, Mondoñedo, Ferrol, Lobios, Vilalba, Ponteareas, Fene, Mazaricos, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ordes, Sanxenxo e ao Museo do Mar de Galicia, entidades todas elas pertencentes á RDL. A xestión de reserva previa correrá directamente a cargo delas.

  • Proxección audiovisual
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística