Do 21/07 ao 26/09 do 2021

Tigres coma cabalos

Exposición que forma parte da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas da Xunta de Galicia.

Comeza: 21/07/21 | 11:00 | Remata: 26/09/21 | 14:00

Onde: Museo do Pobo Galego | Santiago de Compostela | A Coruña

Volver

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

Horario: de 11 a 18 h de martes a sábado e de 11a 14 h os domingos. Luns pechado. 

  • Exposición
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística