Do 18/09 ao 18/09 do 2021

Circo Galaico

Espectáculo de monicreques para público familiar onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono.

Comeza: 18/09/21 | 12:00

Onde: Banda do Río | Bueu | Pontevedra

Volver

Circo Galaico é un espectáculo orixinal que quere converter os animais salvaxes da fauna galega, representados por marionetas talladas artesanalmente en madeira, en protagonistas. Estes asisten á chamada do mestre de cerimonias para facer alarde das súas proezas: forza, equilibrio, danza, malabares.... ao son da música tradicional.

Con este proxecto, Títeres Alakrán aspira a potenciar a lingua como vehículo da arte e da cultura, favorecendo o seu uso a través dunha proposta interactiva e participativa a partir dos xogos e das adiviñas que se propoñen, así como poñer en valor o noso patrimonio inmaterial musical.

  • Espectáculo
  • Monicreques
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística