Do 02/10 ao 02/10 do 2021

Derriba da Lúa

Espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Comeza: 02/10/21 | 11:30

Onde: Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé | Fene | A Coruña

Volver

Con Derriba da Lúa queremos arrolar, contar, cantar, recitar e xogar en familia para soñar e medrar libres coma paxaros, de Candeloria a Candeloria.

Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento, que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo\No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos...

O proxecto, que desenvolven as artistas Vero Rilo e Sonsoles Penadique, persegue tres obxectivos:

  • A estimulación temperá a través da música e dos sentidos.
  • A oralidade en galego desde o comezo da linguaxe.
  • A transmisión de tradicións como a Candeloria e o seu refraneiro popular.

Será necesario retirar previamente un convite a través de ataquilla.com para entrar de balde a este espectáculo-obradoiro.

  • Espectáculo
  • Contacontos/Narración oral
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística