Do 17/10 ao 17/10 do 2021

Language Planning

A compañía teatral os Quinquilláns trae este outono á Rede de Dinamización Lingüística o espectáculo Language Planning.

Comeza: 17/10/21 | 18:00

Onde: Centro Cultural O Salón | Abegondo | A Coruña

Volver

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 9 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

Da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes Language Planning fará parada nos concellos de Ames, Abegondo, Guitiriz, Xinzo de Limia e Caldas de Reis.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística