Do 26/09 ao 26/09 do 2021

Cómica de lingua

Espectáculo para público familiar 'Cómica de lingua. Presumindo de lingua propia', a cargo de Raquel Queizás

Comeza: 26/09/21 | 18:00

Onde: Praza do Concello (Se chove, no Auditorio) | Vila de Cruces | Pontevedra

Volver

A amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga van da man. Cóntase a historia dunha cómica ambulante que transita polo Camiño de Santiago armada de poesía e pandeireta e que chega cansa a unha pousada onde se atopa con diferentes hóspedes que teñen moito que contar. Ela mesma tamén é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas.

Este outono, as súas historias chegarán, da man do FalaRedes, aos seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribadavia, Mondoñedo, Bergondo e Vila de Cruces.

  • Espectáculo
  • S.X. de Política Lingüística