Do 20/09 ao 20/09 do 2021

Rockciclando con Ramona Órbita

As aventuras de Rockciclando chegarán este outono, da man do FalaRedes, a Lalín, Pontedeume, Palas de Rei e Oroso.

Comeza: 20/09/21 | 18:00

Onde: Praza do Concello | Lalín | Pontevedra

Volver

O coñecido músico infantil Pakolas e a ilustradora Laura Romero únense nun espectáculo musical e visual para público familiar e infantil que lle ofrece á rapazada a posibilidade de participar das aventuras de Ramona Órbita na procura da tecnoloxía para conseguir xerar enerxías limpas e así conseguir mellorar o noso mundo. Mentres Pakolas conta, canta e toca a súa guitarra, Laura irá ilustrando a historia no seu cabalete/mural.

  • Concerto
  • S.X. de Política Lingüística