Do 14/11 ao 14/11 do 2021

Romeo e Xulieta

A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza a varios concellos.

Comeza: 14/11/21 | 18:00

Onde: Auditorio Emilia Pardo Bazán | Sanxenxo | Pontevedra

Volver

Romeo e Xulieta: o soño do amor, da compañía Elefante Elegante, é unha adaptación do clásico de Shakespeare, un espectáculo teatral dirixido a público adulto que estará seguido dun coloquio dos actores co público guiado por María Lado. A peza trata temáticas de relevancia na actualidade e pon o foco na igualdade de xénero.

A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza ao Culturgal e mais a dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Melide e Sanxenxo.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística