Do 14/11 ao 14/11 do 2021

Gloria Nacional

Estrea de Teatro do Noroeste no FalaRedes.

Comeza: 14/11/21 | 18:30

Onde: Auditorio Municipal Reveriano Soutullo | Ponteareas | Pontevedra

Volver

Por primeira vez, Teatro do Noroeste participa no programa de dinamización lingüística FalaRedes e faino cun espectáculo teatral para público adolescente e adulto interpretada por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela.

A través da figura de Uxío, un escultor e pintor considerado polos seus contemporáneos unha gloria nacional, a peza convídanos a reflexionar sobre o lugar que ocupan a creación artística e a cultura na sociedade actual.

Gloria nacional estará este outono, da man do FalaRedes, en Ortigueira, Barreiros, Cariño e Ponteareas.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística