Do 05/11 ao 05/11 do 2021

Estrela do día

Espectáculo da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

Comeza: 05/11/21 | 17:30

Onde: Auditorio | Friol | Lugo

Volver

O programa de dinamización lingüística FalaRedes e a Rede de Dinamización Lingüística súmanse á celebración do 800 aniversario do nacemento de Afonso X O Sabio, promotor dunha das obras cume, non só da literatura en galego, senón de toda a literatura e a música europea medievais, as Cantigas de Santa María. Fano a través do espectáculo Estrela do día, da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

O espectáculo traduce o mundo das mencionadas cantigas ao teatro de hoxe. Ofrece unha visión actualizada dos milagres relatados por Afonso X aplicados aos problemas do presente para que nos sirvan de espello e nos recoñezamos neles.

Estrela do día chegará a partir do 1 de outubro á ADR da Comarca de Lugo, Arteixo e O Rosal.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística