Do 21/11 ao 21/11 do 2021

Libre coma os paxaros

Espectáculo da compañía Teatro do Atlántico.

Comeza: 21/11/21 | 19:30

Onde: Casa da Cultura | Burela | Lugo

Volver

Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico, é unha peza teatral para público adulto e adolescentes de máis de 14 anos en que a figura protagonista é Rosalía de Castro, quen, interpretada por María Barcala, se dirixe ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.

O programa de dinamización lingüística FalaRedes levará Libre coma os paxaros este outono a Vilagarcía de Arousa, A Laracha, Cerceda, Ferrol e Burela.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística