Do 30/10 ao 30/10 do 2021

Sabios, xogos e xograres

Actividade ambientada na época do rei-poeta Afonso X.

Comeza: 30/10/21 | 11:00

Onde: Escola Obradoiro de Goián | Tomiño | Pontevedra

Volver

Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.

Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.

Sabios, xogos e xograres chegará a partir do 26 de setembro a Cedeira, Santa Comba, Tomiño, O Grove, San Cristovo de Cea, Monterroso e Quiroga.

  • Espectáculo
  • S.X. de Política Lingüística