Do 30/10 ao 30/10 do 2021

Invisibles

Espectáculo de Redrum Teatro no programa FalaRedes.

Comeza: 30/10/21 | 21:00

Onde: Auditorio Multiúsos de Arcade | Soutomaior | Pontevedra

Volver

Redrum Teatro participa por primeira vez no programa de dinamización lingüística FalaRedes coa peza Invisibles, que chegará este outono ao Val do Dubra, A Pobra do Caramiñal, Soutomaior e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Invisible é un espectáculo teatral creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é sensibilizar as espectadoras e os espectadores sobre esta lacra que invade a nosa sociedade.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística