Do 18/10 ao 18/10 do 2021

Toponimízate 2021

Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra.

Comeza: 18/10/21 | 16:30

Onde: IES Leliadoura; IES Nº 1 de Ribeira; Centro Cultural Lustres Rivas e Aula CEMIT | Ribeira | A Coruña

Volver

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. Entre outubro e decembro de 2021 Toponimízate chegará a 9 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribeira, Carnota, Triacastela, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, O Irixo, Meaño, Marín e Ortigueira.

  • Obradoiro
  • S.X. de Política Lingüística