Do 19/11 ao 19/11 do 2021

Toponimízate 2021

Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra.

Comeza: 19/11/21 | 11:00

Onde: Proxección no IES de Meaño, CEIP As Covas, Casa da Cultura de Dena e Aula CEMIT | Meaño | Pontevedra

Volver

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. Entre outubro e decembro de 2021 Toponimízate chegará a 9 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribeira, Carnota, Triacastela, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, O Irixo, Meaño, Marín e Ortigueira.

  • Obradoiro
  • S.X. de Política Lingüística