Do 05/11 ao 05/11 do 2021

A pluma viva de Rosalía

Os Quinquilláns recuncan no FalaRedes cunha homenaxe á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.

Comeza: 05/11/21 | 20:30

Onde: Auditorio Municipal | Negreira | A Coruña

Volver

A pluma viva de Rosalía, para todos os públicos a partir de 9 anos, está baseada nun feito real de censura a un texto da autora de Follas novas. Arranca coa visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación do artigo “El Codio”. A peza pon en valor a escritora e a súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade entre mulleres e homes.

Este espectáculo teatral poderá verse desde finais de outubro nas seguintes entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Negreira, O Rosal, Malpica, GDR Terras de Compostela e Fundación Pazo de Mos.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística