Do 14/11 ao 14/11 do 2021

Memorias dun neno labrego

A compañía Contraproducións trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes o monólogo narrativo-teatral Memorias dun neno labrego.

Comeza: 14/11/21 | 20:00

Onde: Auditorio Municipal | Cee | A Coruña

Volver

A compañía Contraproducións trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes o monólogo narrativo-teatral Memorias dun neno labrego. A peza está baseada na novela homónima de Xosé Neira Vilas, que foi o primeiro best-seller da literatura galega e de cuxa publicación se fan neste 2021 os 60 anos. Esta é, pois, unha homenaxe ao libro que lle descubriu a literatura en galego a varias xeracións de mozos e mozas, ao seu autor e a todos os nenos labregos que foron e son.

 

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística