Volver

Bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

ORDE do 29 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2020, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

Relación de proxectos:

  • Proxecto Diccionario galego-italiano/ italiano-galego (GALITA)
  • Proxecto Bibliografía da literatura galega
  • Proxecto Fraseoloxía galega
  • Proxecto Corpus de referencia do galego actual (CORGA/XIADA)
  • Proxecto Cantiagas de Santa María
  • Proxecto Prosa literaria medieval
  • Proxecto Terminoloxía científico-técnica (TERMIGAL)
  • Proxecto Recursos para o desenvolvemento de tecnoloxías da fala
  • Proxecto Base de datos do ALIR
  • Proxecto Diccionarios de Literatura

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social. As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de novembro de 2020 e rematarán, en calquera caso, o 31 de outubro de 2022. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

As solicitudes presentaranse exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta ata o 7 de setembro de 2020.