Volver

Bolsas de formación en lectorados de Madrid, Padua, París, Río de Xaneiro, Salvador de Baía e Zadar

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500E).

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 4 de xuño e o 5 de xullo de 2021. As solicitudes só se poderán presentar por medios electrónicos.

 

As prazas convocadas son as que se indican a continuación:

DESTINOLOCALIDADEPAÍS
Universidad Complutense MadridMadridEspaña
Università degli Studi di PadovaPaduaItalia
Université Sorbonne NouvelleParísFrancia
Universidade Estado Rio de JaneiroRío de XaneiroBrasil
Universidade Federal da BahiaSalvador de BaíaBrasil
Sveučilište u ZadruZadarCroacia

 

Nota: foi publicada no DOG unha corrección de erros que cómpre consultar. Obsérvese que, de acordo con ela, na páxina 27445, na alínea a) do artigo 6, no relativo aos requisitos de titulación académica, débese engadir a seguinte titulación:

  • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios