Volver

Prazas nos lectorados de lingua e cultura galegas de Barcelona, Kiel, Leipzig, Oxford e País Vasco

ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (código de procedemento PL500F).

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 4 de xuño e o 5 de xullo de 2021. As solicitudes só se poderán presentar por medios electrónicos.

 

As prazas convocadas son as que se indican a continuación:

DESTINOLOCALIDADEPAÍS
Universitat Autònoma de BarcelonaBarcelonaEspaña
Christian-Albrechts-Universität zu KielKielAlemaña
Universität LeipzigLeipzigAlemaña
University of OxfordOxfordReino Unido
Univ. del País Vasco / Euskal Herriko UnivertsitateaPaís VascoEspaña

 

CORRECCIÓN DE ERROS. ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2021 (Código de procedemento PL500F)

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 3 de xuño de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 27422, na alínea a) do artigo 5, no relativo aos requisitos de titulación académica, débese engadir a seguinte titulación:

  • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios