Volver

Coloquio Internacional “Os Corpora Docvmentalia Latina da Península Ibérica no 25 Aniversario do Codolga”

Días 18 e 19 de novembro de 2021 en Santiago de Compostela.

O CODOLGA desenvólvese no marco dun convenio existente entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Este corpus actualízase anualmente con documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia comprendida entre o século VI e o século XV, ambos inclusive, a partir das edicións dispoñibles, e tamén se incorporan fontes e estudos que fan referencia a este territorio.

A infraestrutura informática na que se atopa esta documentación (http://corpus.cirp.es/codolga/) permite realizar buscas de calquera palabra ou conxunto de palabras segundo diversos criterios, o que fai deste corpus textual unha ferramenta básica para a docencia e investigación de diversa índole: lingüística, literaria, histórica, cultural ou sociolóxica.

O evento terá lugar os días 18 e 19 de novembro de 2021 na cidade de Santiago de Compostela no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Salón de Actos, San Roque, 2).

O prazo de inscrición para participar como asistente (só formato presencial) está aberto ata o 12 de novembro. A actividade é de balde, e terá unha duración total de 11 horas, pero debido ás medidas sanitarias as prazas son limitadas.

Para anotarse hai que escribir un correo a: aboucus@cirp.gal