Resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros de Algarve, Berlín, Padua, Río de Xaneiro, Roma e Zadar
Orde do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500E).
Proposta de resolución definitiva
- Decláranse desertas as seguintes prazas:
- Universidade de Berlín pola renuncia de Pablo Fernández Sampedro, adxudicatario provisional.
- Universidade de Padua porque Lucía Salceda García resultou adxudicataria da praza da Universidade do Algarve que solicitou en primeiro lugar.
- Universidade de Río de Xaneiro pola renuncia da única persoa candidata.
- Universidade de Roma pola renuncia de Laura Pereira Porto, adxudicataria provisional.
- Universidade de Zádar por non ter solicitantes.
- Adxudícanse as bolsas convocadas aos solicitantes relacionados na seguinte táboa:
Destino | Apelidos e Nome | NIF |
Universidade do Algarve (Portugal) | Salceda García, Lucía | ***6071** |
Freie Universität Berlin (Alemaña) | --------- | ----- |
Università degli Studi di Padova (Italia) | --------- | ----- |
Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil) | --------- | ----- |
Sapienza Università di Roma (Italia) | --------- | ----- |
Sveučilište u Zadru (Croacia) | --------- | ----- |
Resolución provisional
Proposta de resolución provisional da convocatoria
Resolución definitiva de persoas admitidas
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas
Establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de 6 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500E) nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:
Destino | Localidade | País | Inicio | Remate |
Universidade do Algarve (Portugal) | Algarve | Portugal | 1.10.2022 | 30.9.2025 |
Freie Universität Berlin (Alemaña) | Berlín | Alemaña | 1.10.2022 | 30.9.2025 |
Università degli Studi di Padova (Italia) | Padua | Italia | 1.10.2022 | 30.9.2025 |
Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil) | Río de Xaneiro | Brasil | 1.1.2023 | 31.12.2025 |
Sapienza Università di Roma (Italia) | Roma | Italia | 1.10.2022 | 30.9.2025 |
Sveučilište u Zadru (Croacia) | Zadar | Croacia | 1.10.2022 | 30.9.2025 |