Volver

X Certame de Investigación Condado de Pallares

A secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura colaboran coa Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares e cos concellos de Guntín, Taboada e Chantada na convocatoria do X Certame de Investigación Condado de Pallares, que ten como finalidade promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, da arte, da arqueoloxía, da antropoloxía, da etnografía e do folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares.