Volver

Convocatoria de probas Celga 2, 3 e 4. Listaxes provisionais de persoas admitidas

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C)

Listaxes provisionais de persoas admitidas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2021

Remate do prazo de presentación de emendas: 25 de outubro de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021 de publicación das listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria

O prazo de inscrición e de pagamento estará aberto do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como nesta mesma páxina web.