Volver

Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Resultados definitivos

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

Resultados definitivos

Celga 1: resultados definitivos das probas do día 3 de xuño de 2023

Resolución do 8 de xullo de 2023, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 1 realizadas o día 3 de xuño de 2023.

Celga 2: resultados definitivos das probas do día 21 de maio de 2023

Resolución do 8 de xullo de 2023, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 2 realizadas o día 21 de maio de 2023.

Celga 3: resultados definitivos das probas do día 20 de maio de 2023

Resolución do 8 de xullo de 2023, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 3 realizadas o día 20 de maio de 2023.

Celga 4: resultados definitivos das probas dos días 13 e 14 de maio de 2023

Resolución do 8 de xullo de 2023, pola que se publican os resultados definitivos das probas do Celga 4 realizadas os días 13 e 14 de maio de 2023.

Resultados provisionais

Celga 1: resultados provisionais das probas do día 3 de xuño de 2023

Resolución do 30 de xuño de 2023, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 1 realizadas o día 3 de xuño de 2023.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xullo de 2023.

Celga 2: resultados provisionais das probas do día 21 de maio de 2023

Resolución do 30 de xuño de 2023, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 2 realizadas o día 21 de maio de 2023.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xullo de 2023.

Celga 3: resultados provisionais das probas do día 20 de maio de 2023

Resolución do 30 de xuño de 2023, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 3 realizadas o día 20 de maio de 2023.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xullo de 2023.

Celga 4: resultados provisionais das probas dos días 13 e 14 de maio de 2023

Resolución do 30 de xuño de 2023, pola que se publican os resultados provisionais das probas do Celga 4 realizadas os días 13 e 14 de maio de 2023.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de dez días, a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 14 de xullo de 2023.

Porta de entrada e aulas

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 1

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Rúa Madrid, 2

Porta única

Portas de entrada e aulas

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 3

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 10

Porta B: aulas 11 – 23

EOI de Ponferrada

Porta única

CELGA 2

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 9

Porta B: aulas 10 – 15

EOI de Ponferrada

Porta única

Portas de entrada e aulas

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.15 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 11

Porta B: aulas 12 – 26

EOI de Ponferrada

Porta única

Datas de realización das probas

Celga 4

13 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

14 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

Celga 3

20 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

Celga 2

21 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.

Celga 1

3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Celga 1

Santiago de Compostela

Escola Galega de Administración Púbica (EGAP), rúa Madrid 2-4

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponde a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética. Comezarán pola letra V, agás o día 14 de maio que comezarán pola letra H e poderán prolongarse ata a tarde.

Listaxes definitivas

Celga 1: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 3 xuño de 2023

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 21 de maio de 2023

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas do 20 de maio de 2023

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas dos días 13 e 14 de maio de 2023

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2023

As probas realizaranse o día 3 de xuño de 2023

Remate do prazo de presentación de emendas: 18 de abril de 2023

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2023

As probas realizaranse o día 21 de maio de 2023

Remate do prazo de presentación de emendas: 18 de abril de 2023

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2023

As probas realizaranse o día 20 de maio de 2023

Remate do prazo de presentación de emendas: 18 de abril de 2023

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio-xuño de 2023

As probas realizaranse os días 13 e 14 de maio de 2023

Remate do prazo de presentación de emendas: 18 de abril de 2023

Convocatoria de probas

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente: do 7 ao 27 de marzo.