Volver

Resolución das axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Resolución do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 24 de marzo de 2021.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ata o 17 de agosto.

As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.

O prazo de xustificación remata o día 20 de outubro de 2021.

Nesta convocatoria recupéranse as accións subvencionables que se ofertaban antes da pandemia e a dotación orzamentaria ascende a 350.000 €.

As modalidades de subvención son as que se relacionan a seguir:

a) Creación dun servizo lingüístico.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.