Volver

XXXIII edición dos cursos de lingua e cultura galegas: Galego sen fronteiras

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2023.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos. O prazo para a recepción das solicitudes remata o 3 de abril de 2023. O enderezo electrónico ao que hai que dirixir a inscrición é: cursos@academia.gal.