Volver

Adxudicación de dez bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Relación de proxectos:

  • Proxecto Diccionario galego-italiano/ italiano-galego (GALITA): Silva Colmeiro, Lucía
  • Proxecto Bibliografía da literatura galega: Mosquera Calvo, Inés
  • Proxecto Fraseoloxía galega: Quintairos Soliño, Alba
  • Proxecto Corpus de referencia do galego actual (CORGA/XIADA): Míguez Rego, Víctor
  • Proxecto Cantigas de Santa María: Magán Abollo, Manuel
  • Proxecto Prosa literaria medieval: Castiñeiras López, Javier
  • Proxecto Terminoloxía científico-técnica (TERMIGAL): Casal Munín,Sandra
  • Proxecto Recursos para o desenvolvemento de tecnoloxías da fala: Louro Mendiguren, María
  • Proxecto Base de datos do ALIR: Anta Fernández, Alicia
  • Proxecto Diccionarios de Literatura: Molanes Rial, Mónica

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social. As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de novembro de 2020 e rematarán, en calquera caso, o 31 de outubro de 2022. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.