Volver

Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2021-2022)

Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso escolar 2021/22.

Neste curso escolar ofrécense 42 programas educativos, que se poden consultar na web do Plan Proxecta, máis en concreto, na sección de programas. Os centros de ensino teñen de prazo ata o 16 de setembro para formalizaren a solicitude a través da aplicación informática do Plan Proxecta (ligazón).

No marco deste plan, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove catro programas específicos: Nós tamén creamos!, Proxectos de innovación en dinamización lingüística, Proxecto didáctico Antonio Fraguas e Fitofaladoiro.

Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta+, pódese contactar co persoal asesor do Plan Proxecta nos teléfonos 881 996 395 / 881 997 498. As dúbidas relacionadas con cada programa en concreto resolveranse coas persoas responsables que aparecen na correspondente ficha técnica.