Volver

II Premio Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria

Tras os pasos de Morales: O fiandón da aldea

Haberá tres categorías:

  • Debuxando o poema "O fiandón da aldea", de Antonio Fernández Morales, na que poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación infantil e primaria adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria.
  • Contando, poetizando e dramatizando o poema, á que poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación secundaria e bacharelato adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria.
  • Contando, poetizando e dramatizando o poema, dirixida a calquera persoa do Bierzo e Sanabria maior de 18 anos e a alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.