Volver

I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo

Ao certame poderá concorrer calquera persoa que presente un traballo orixinal e inédito, de 100 a 200 páxinas de extensión, que verse sobre o Camiño de Santiago e/ou o fenómeno xacobeo cun estilo argumentativo propio e co propósito de fixar posicións ao respecto. Non poderán presentarse textos xa premiados noutros concursos nin presentado como proxecto de investigación ante institucións públicas ou privadas.

Será outorgado un único premio de 3.000 euros, así como un accésit dotado de diploma acreditativo. O traballo premiado será publicado pola Editorial Galaxia.