Volver

VI Concurso Balbino de Relatos

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces convoca unha nova edición deste certame literario destinado a promover a literatura e a lingua galegas.

O prazo estipulado para remitir o relato ou conxunto de relatos presentados ao concurso finaliza o martes 30 de xuño de 2021. As narracións deberán cumprir unha serie de requisitos formais: estarán escritas en galego cunha extensión entre 100.000 e 180.000 caracteres e a súa temática estará vinculada co rural, co mar ou coa emigración.

O autor do relato premiado recibirá un cheque por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.