Volver

XXVIII Premios de Publicidade en Galego

Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, encomendóuselle a este centro directivo a elaboración das bases dos Premios de Publicidade en Galego e a súa tramitación.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística. Na presente edición, a convocatoria dos premios rexerase polas seguintes bases:

Premios:

Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.

Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística. 

O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e rematará o 30 de decembro.