Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022
Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2021-2022.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (antes, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) durante o curso académico 2021/2022.
Ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso académico 2021/2022 e se establecen as bases reguladoras para realizalos, seleccionáronse os seguintes proxectos:
- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto | Centro | Concello | Provincia |
O poeta que baila | IES Marco do Camballón | Vila de Cruces | Pontevedra |
IES do Milladoiro | Ames | A Coruña | |
Polo río vai e ben | IES de Ponte Caldelas | Ponte Caldelas | Pontevedra |
IES de Soutomaior | Soutomaior | Pontevedra | |
RT | IES Rego de Trabe | Culleredo | A Coruña |
Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño | CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza | Santa Comba | A Coruña |
O galego é musica | CMUS Profesional Xan Viaño | Ferrol | A Coruña |
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- un proxecto ao que se lle concede unha Mención de Honra:
Obradoiros Navalón. Intervención artística do terreo a través do cultivo das plantas do Camiño | CEE Manuel López Navalón | Santiago de Compostela | A Coruña |
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento do proxecto recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramenteo durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.