- Portada
- A Secretaría Xeral
- Convocatorias
Convocatorias
Resolución definitiva dos proxectos de fomento do uso do galego en centros públicos
ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500A).
- ORDE do 30 de novembro de 2021 Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021
IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»
Resolveuse o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!
Certame Ouff Escola 2022
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
I Certame de relatos ‘Rafael Dieste’
O certame, convocado pola conta de Instagram ‘Arquivo das Trasnas’, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das editoriais Cuarto de Inverno e Galaxia, e xorde dous anos despois do nacemento da conta de difusión de literatura galega nas redes e apenas uns días despois de que esta se fixese co Premio Follas Novas na categoría de proxecto literario na rede.
Xornada do Día das Letras Galegas. Florencio Delgado Gurriarán
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a VIII Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Florencio Delgado Gurriarán.
Obradoiro de creación de personaxes con Javier Peña
A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, un obradoiro de creación literaria.
Cursos Celga 1, 2, 3 e 4. Listaxes de persoas admitidas
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4
- Resolución pola que se convocan cursos Celga 1, 2, 3 e 4 Ligazón ao DOG
I Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a primeira edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.
XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas
No mes de maio de 2020, a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 fixo que o Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas acordase o adiamento da XII edición do Proxecto Didáctico que se ía desenvolver no bienio 2020-2021. Controlada a pandemia, e á luz dos novos protocolos aprobados polas autoridades para as actividades educativas e culturais, o Padroado da Fundación aprobou por unanimidade na xuntanza celebrada o pasado mes de decembro, convocar a XII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas no bienio 2022-2023 co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.