Volver

Xuventude Crea

Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexen o programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2019

Co fin de promover a creatividade, nomeadamente a creatividade en galego, da mocidade de Galicia, o programa Xuventude Crea da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado establece premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros para obras producidas por persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, nas seguintes categorías: teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.

Naquelas creacións que impliquen ou poidan levar aparellada a creación de textos (teatro, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada e graffiti), estes deberán estar en galego.