Volver

Protocolo de colaboración en materia de política lingüística

Protocolo de colaboración entre o Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya, o Goberno Balear e a Xunta de Galicia en materia de política lingüística.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Secretaría de Política Lingüística de Cataluña e a Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco asinaron en 2007 un protocolo de colaboración para a defensa e o impulso das respectivas linguas no marco estatal e no ámbito da Unión Europea. Trátase do primeiro acordo de colaboración en materia de política lingüística subscrito entre os tres gobernos.

O protocolo nace co obxectivo de desenvolver e definir un marco de colaboración estable e permanente entre as tres administracións en materia de política lingüística, para intercambiar, contrastar experiencias e impulsar proxectos e actuacións en beneficio dunha maior igualdade social entre as linguas, sempre desde o máximo respecto ás políticas de cada goberno e ás súas especificidades. Desde o momento da súa sinatura, os tres departamentos de lingua estableceron calendarios de traballo e reunións periódicas para compartir experiencias e deseñar liñas comúns.

En 2008 adheriuse a este protocolo o Goberno das Illas Baleares.