Volver

Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020

O 4 de agosto de 2016, aprobouse no Consello do Goberno Galego o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, que desenvolve por primeira vez desde a Administración autonómica as directrices establecidas no sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega.

  • Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020
  • Primeira xuntanza de traballo cos axentes implicados na posta en marcha do Plan tras a súa aprobación polo Consello da Xunta

    Primeira xuntanza de traballo cos axentes implicados na posta en marcha do Plan tras a súa aprobación polo Consello da Xunta

O Consello da Xunta aprobou na súa sesión do 4 de agosto o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, un documento que recolle as distintas medidas e accións para a implantación e consolidación do uso do idioma galego no sector económico, e que foi acordado e completado coas achegas de 314 axentes implicados no sector económico, ademais do Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará ao desenvolvemento desta folla de ruta máis de 5 millóns de euros.

Tras a aprobación do Plan, o conselleiro de Cultura e Educación e mais o secretario xeral de Política Lingüística mantiveron xa a primeira reunón de traballo para a súa posta en marcha cunha representación dos principais axentes implicados na súa elaboración e implementación: os responsables de 15 empresas, asociacións e entidades do sector asentadas na nosa comunidade, como o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure; do presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez; do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; o presidente de Feiraco, José Montes; o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira; o presidente da Asociación de Empresarios do Deza, Antonio Lamas; e tamén de representantes da Fegape, Deseño Galicia, Vía Láctea Films, Autos Dosil, El Corte Inglés, Bolanda, Anfaco, Vegalsa-Eroski, a Asociación Galega de Áridos, Aenor e Coca-Cola.

No transcurso da xuntanza fíxose unha exposición metodolóxica deste documento, así como dos seus obxectivos e medidas principais. Alén diso, programáronse conxuntamente os seguintes pasos para a súa posta en funcionamento e lembrouse que na folla de ruta de desenvolvemento deste plan está previsa a celebración de diversas reunións de traballo coas entidades e institucións involucradas no seu impulso. Estas xuntanzas teñen unha dobre finalidade: por unha banda, darlle difusión ao Plan; por outra, abordar conxuntamente o alcance dos obxectivos que procura e pór en marcha as medidas que nel se recollen.

O plan estrutúrase a través de tres obxectivos estratéxicos principais, nomeadamente crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, nas relacións laborais, comerciais e empresariais, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos; utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado.

Trátase da primeira vez que desde a Administración autonómica se leva a cabo un plan destas características, que desenvolve as directrices establecidas no sector 4 do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no ano 2004.