Volver

SERVIZOS

Corrección e tradución

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece, a través da Área de Asesoramento Lingüístico, un servizo de corrección de textos en galego e tamén de tradución de textos breves redactados en castelán, atendendo aos seguintes criterios:

Os textos hanse remitir, preferentemente, en soporte electrónico e en formato editable, para optimizar o tempo de execución do traballo e tamén a súa calidade final.

Os textos hanse remitir, preferentemente, en soporte electrónico e en formato editable, para optimizar o tempo de execución do traballo e tamén a súa calidade final.

Correccións

A Área de Asesoramento Lingüístico realiza traballos de correccións de textos en lingua galega. Segundo este criterio, non se realizan correccións de documentos redactados noutras linguas.

As correccións realízanse atendendo ao aspecto ortográfico, morfolóxico, léxico, etc., de cara á correcta normativización do texto. De considerar que é precisa unha revisión de estilo, logo de consultar o usuario, procédese ás modificacións pertinentes, a prol sempre dunha maior calidade lingüística do texto.

Traducións

Realízanse traducións do castelán ao galego de textos breves, sempre que a demanda do solicitante non teña carácter contínuo.

As traducións son literais do texto orixinal e, de considerar a necesidade de introducir cambios relevantes na procura dunha maior calidade do texto, comunícaselle previamente ao remitente da tradución, para proceder ás rectificacións oportunas.