Volver

Axudas para proxectos de fomento do galego en centros públicos

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A)

Aqueles centros que presentaron os seus proxectos ao abeiro da Orde correspondente ao curso escolar 2019/20, que finalmente quedou sen efectos como consecuencia do peche dos centros educativos por causa da COVID-19, poderán alegar o mesmo proxecto para a actual convocatoria e presentar simplemente unha addenda na que consten, de ser o caso, as modificacións ou adaptacións propostas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de febreiro de 2021.