Volver

Convocatoria de axudas a proxectos de fomento do galego en centros públicos

Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A).

1. Obxecto.

A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

2. Persoas destinatarias.

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Prazo de presentación de solicitudes

Do 16.01.2024 ao 15.02.2024