Volver

Bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro. Resolución da convocatoria

ORDE do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2021, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D)

O DOG do día 28 de outubro de 2021 fai pública a Resolución do 18 do outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de once bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Os once proxectos de investigación en que poderán formarse son os seguintes:

  • Legado científico de Jürgen Untermann
  • Corpus de referencia do galego actual (Corga)
  • Corpus documentale latinum Gallaeciae (Codolga)
  • Bibliografía informatizada da lingua galega (Bilega)
  • Terminoloxía científico-técnica
  • Informes de literatura
  • Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos
  • Lírica profana galego-portuguesa
  • BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval
  • Dimensións da identidade colectiva de Galicia
  • Legados literarios