Exposicións e materiais gañadores do Concurso-Exposición en homenaxe a María Victoria Moreno
Curso: 2017-2018
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de María Victoria Moreno entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á vosa disposición os carteis da exposición destinada aos centros de educación infantil e primaria e os carteis da exposición destinada aos centros de ESO, bacharelato, FP e centros de ensinanzas especiais. Tamén están dispoñibles as guías didácticas e outros materiais.
As exposicións fani un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.
No caso dos materiais na categoría de infantil e primaria, a proposta gañadora foi a elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, titulada Victoria Moreno, mestra con alma.
No caso dos materiais na categoría de ESO, bacharelato, FP e centros de ensinanzas especiais, a proposta gañadora foi a elaborada polo IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, titulada Sombra e luz.