Carta urxente aos Magos de Oriente
Un ano máis, Os Bolechas volven levar a ilusión de Nadal aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística cun espectáculo para os máis pequenos da casa (nenos e nenas entre 3 e 9 anos) e as súas familias.
Os Bolechas están na casa escribindo a carta para Melchor, Gaspar e Baltasar. Alglúns dos irmáns non dan decidido o que queren, outros teñen unha lista interminable... O caso é que, con tanta leria, pásaselles o prazo para entregarlle as súas peticións á carteira real. Cheos de nervios, póñense a buscar a maneira de facerlles chegar a súa misiva aos Magos de Oriente. Conseguirán o seu obxectivo ou quedarán este ano sen agasallos?
Os irmáns máis famosos da literatura galega, chegarán este Nadal a sete Concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Axenda. Carta urxente aos Magos de Oriente | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
21 de decembro, ás 11:30 horas | CPI Tino Grandío | Guntín | Lugo |
26 de decembro, á 18:00 horas | Salón de actos do concello | Abadín | Lugo |
29 de decembro, ás 18:00 horas | Multiúsos da Xunqueira | Redondela | Pontevedra |
2 de xaneiro, ás 18:00 horas | Auditorio da Senra | Bergondo | A Coruña |
3 de xaneiro, ás 18:00 horas | Auditorio Municipal | Salceda de Caselas | Pontevedra |
4 de xaneiro, ás 18:00 horas | Auditorio Municipal | Padrón | A Coruña |
7 de xaneiro, ás 18:00 horas | Casa da Cultura | Viana do Bolo | Ourense |