Volver

III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o III PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade

Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme a normativa vixente. As obras, inéditas e non premiadas, deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.

Haberá un único premio de 2500 euros en concepto de adianto de dereitos de autoría e a obra será publicada por Baía Edicións.

O prazo de presentación de orixinais o 8 de marzo de 2021 e a resolución do xurado farase pública o 1 de xuño de 2021.