Volver

Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21)

AVISO IMPORTANTE DE CARÁCTER XERAL PARA A ENTREGA DE PROBAS PREVIAS DOS PRODUTOS DIXITAIS E MATERIAIS

1. De acordo co previsto na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o prazo máximo para a entrega das probas previas dos produtos dixitais rematou o día 4 de outubro do ano en curso, para permitir que o equipo técnico da SXPL puidese facer a revisión correspondente. Esta obriga comunicóuselles publicamente ás persoas interesadas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/axuda/convocatoria_0056/fondo-proxectos-culturais-lingua-galega-xacobeo-2021-segunda-convocatoria

2. Á vista da dinámica de chegada de probas e das necesidades manifestadas por algunhas persoas adxudicatarias nas correspondentes solicitudes de prórroga, con carácter excepcional, amplíase este prazo de entrega para todas as persoas interesadas ata o 15 de outubro, sen que sexa posible ningunha outra ampliación, agás naqueles casos xustificados nos que se acrediten «causas de forza maior» debidamente comunicadas mediante o envío dunha solicitude ao enderezo electrónico info-fondox21@xunta.gal

3. Cómpre recordarlles ás persoas adxudicatarias que a revisión técnica do produto ofertado, se é satisfactoria, garante a calidade do proxecto e a súa adaptación ás condicións ofertadas na memoria técnica inicial presentada. Por tal motivo, é tamén unha fase fundamental para garantir a viabilidade do pagamento do proxecto contratado e, xa que logo, o incumprimento de presentar, no prazo outorgado, a proba previa esixida motiva, con carácter xeral, a resolución do contrato.

4. En ningún caso, a devandita ampliación do prazo outorgado para presentar a proba previa ata o 15 de outubro modifica as obrigas asumidas polas persoas adxudicatarias respecto da entrega definitiva dos proxectos, que será, con carácter improrrogable, ata o 15 de decembro, por tratarse de contratos menores cuxa execución e pagamento deben realizarse dentro do ano natural.

5. Nos proxectos materiais de nova creación, recoméndase, así mesmo, que as persoas adxudicatarias, antes de realizaren a impresión definitiva do produto ou produtos contratados ou a súa produción definitiva, envíen no mesmo prazo e como máximo ata o 15 de outubro a proba de imprenta ou unha mostra del/deles en formato dixital (PDF) ao enderezo electrónico info-fondox21@xunta.gal para comprobar que a súa calidade lingüística se corresponde coas obrigas asumidas na contratación e, así mesmo, revisar a colocación de logotipos institucionais e demais requisitos de imaxe corporativa do Fondo Xacobeo 2021-2022.

AVISO IMPORTANTE DE CARÁCTER XERAL PARA FACTURACIÓN DE PERSOAS FÍSICAS

En relación coa facturación de persoas físicas dos proxectos Fondo Xacobeo, en aplicación do artigo 95 do Regulamento do IRPF, lembrámoslle que, no caso de non aplicarlle retención, deberá xustificar os motivos da exención.

No momento da presentación a través do SEF deberá achegar nunha única factura (estendida se presenta IRPF) a seguinte información:

  • Concepto: título do proxecto + expediente Fondo X21
  • Importe: líquido = base + IVE – IRPF. O importe da factura deberá ser coincidente co último orzamento presentado e aprobado.
  • Información adicional:
    • Se o adxudicatario está exento de IVE, deberá indicar na factura a lei e o artigo que o xustifica.
    • Se o adxudicatario está exento de IRPF, deberá indicar na factura o motivo que o xustifica.

No caso de ter dúbidas, aconsellámoslle que as consulte coa súa asesoría fiscal.

NOTA INFORMATIVA PARA A CORRECTA EXECUCIÓN DOS PROXECTOS

Índice: 

 

I. PRAZOS XERAIS (+)

 

1. Para calquera das modalidades de proxectos do Fondo X21 ou combinados (dixital, presencial ou material), as persoas adxudicatarias non presentarán as probas dixitais, os materiais realizados nin a documentación xustificativa da realización do servizo contratado, antes do 1 de setembro, aínda que teñan rematada a execución dos contratos con anterioridade a esa data. A partir de setembro poderán entregar e/ou xustificar a realización dos contratos e, así mesmo, presentar a factura correspondente no SEF segundo consta nas resolucións de adxudicacións notificadas.

2. O prazo máximo da entrega das probas previas dos produtos dixitais amplíase ata o 4 de outubro, para permitir que o equipo técnico da SXPL poida facer a revisión correspondente.

3. A data límite de entrega definitiva dos produtos materiais ou dixitais adxudicados, así como a xustificación da execución dos servizos de carácter cultural en lingua galega contratados para o Fondo X21 será o 15 de decembro.

II. XUSTIFICACIÓN DOS PROXECTOS PRESENCIAIS (+)

Nas seguintes ligazóns poderán descargar os modelos dos anexos A e B das resolucións de adxudicación en formato editable .odt que deberán cubrir e asinar dixitalmente para presentar na fase de xustificación:

III. ENTREGA DE PROBAS E PRODUTOS FINAIS NOS PROXECTOS DIXITAIS (+)

1. A finalidade da proba é verificar a calidade lingüística do produto e, por tal motivo, cómpre que, antes de realizar a gravación definitiva do produto dixital, as persoas adxudicatarias envíen o guión escrito, que incluirá as voces en off e intervencións de presentadores/as, entrevistadores/as ou actores/as, acompañados dunha gravación audiovisual breve na que as persoas que interveñan oralmente no produto dixital lerán un fragmento destes dunha extensión aproximada dunha páxina.

Esta gravación audiovisual achegada como proba permitirá comprobar o cumprimento das regras de imaxe corporativa da Xunta de Galicia e a correcta colocación dos logos segundo as especificacións que se realizan no apartado II desta nota informativa.

As persoas que non presenten a proba antes do dito prazo poderán causar baixa no procedemento do Fondo X21 por incumprimento das súas obrigas contractuais.

2. A achega final do produto ou produtos dixitais mediante o envío da ligazón a través do anexo III, presentarase con carácter definitivo na sede electrónica da Xunta de Galicia como “achega de documentación complementaria” do expediente da solicitude orixinal (PR004A) sen necesidade de crear un novo expediente (ver páx. 25 da guía para as persoas adxudicatarias).

IV. ENVÍO DE PROBAS DE IMPRESIÓN OU MOSTRAS RESPECTO DOS PROXECTOS MATERIAIS DE NOVA CREACIÓN (+)

Nos proxectos materiais de nova creación, as persoas adxudicatarias, antes de realizaren a impresión do produto ou produtos contratados ou a súa produción definitiva deberán enviar unha proba de imprenta ou unha mostra del/deles en formato dixital (PDF) ao correo electrónico: info-fondox21@xunta.gal para comprobar que a súa calidade lingüística se corresponde coas obrigas asumidas na contratación e, así mesmo, revisar a colocación de logotipos institucionais e demais requisitos de imaxe corporativa do Fondo Xacobeo 2021-2022.

V. IMAXE CORPORATIVA E LOGOS (+)

Indícanse, a seguir as pautas de imaxe corporativa e logos que deben incluír no seu deseño todos os produtos aprobados polo Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22.

1. O Portal da Lingua Galega ten dispoñible, baixo o título Elementos de imaxe corporativa e logos do Fondo Xacobeo 21-22, os logotipos institucionais que se refiren nesta epígrafe: Xunta de Galicia, Xacobeo 20-21 e Rede de Dinamización Lingüística, así como o símbolo da Xunta de Galicia, e as mostras de pantone azul Xunta e cartela con logotipos. O enlace web de acceso é o seguinte: https://www.lingua.gal/fondo-xacobeo-imaxe-corporativa-e-logos.

2. Todos os proxectos do Fondo X21 levarán na parte habilitada para os créditos ou, nun lugar destacado, antes dos logos, a seguinte frase, centrada no plano:

Este proxecto editorial/audiovisual/fotográfico/expositivo... realizouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

Indicacións para os carteis:

  • Os carteis deben levar dous logos, Xunta de Galicia azul e Xacobeo 21-22, preferentemente a cor, que se poden descargar, respectivamente, nos seguintes enlaces web: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal e https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/outras-marcas/xacobeo-21-22.
  • A disposición debe ser na parte inferior, centrados, o da Xunta á esquerda e o do Xacobeo 21-22 á dereita e a un 80 % de tamaño con respecto ao primeiro. Isto debe cumprirse así en todos os casos, sen excepcións.
  • A tipografía debe ser Xunta Sans.
  • O deseño debe conter a cor azul Xunta.
  • No caso das iniciativas para a RDL, o logotipo irá a continuación do do Xacobeo 21-22, ao mesmo tamaño que o da Xunta. No enlace indicado máis arriba ao Portal da Lingua Galega figura o formato vectorial.

Indicacións para as publicacións (libros, dípticos, trípticos ou folletos):

  • Deben incluír a tipografía Xunta Sans e a cor azul Xunta no seu deseño.
  • Na contracapa, deben ir, centrados na parte inferior, os dous logos da Xunta anteriormente indicados (Xunta de Galicia azul e Xacobeo 21-22 en cor, que se achegan nos arquivos adxuntos). A disposición debe ser na parte inferior, centrados, o da Xunta á esquerda e o do Xacobeo 21-22 á dereita e a un 80 % de tamaño con respecto ao primeiro. Isto debe cumprirse así en todos os casos, sen excepcións.
  • Na capa debe figurar o logo da Xunta, aliñado na parte inferior esquerda, a un 50 % do tamaño que este mesmo logo presenta na contracapa.
  • Na folla de créditos debe figurar o seguinte texto: Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
  • No caso de publicacións grosas, que leven lombo, debe figurar o símbolo da Xunta (escudo), debaixo do da editorial, se o ten. O devandito símbolo pódese descargar aquí: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/simbolo.
  • No caso de libros dixitais, seguiranse as mesmas indicacións que para os libros en formato material.

Indicacións para follas volandeiras ou similares:

  • Deben incluír a tipografía Xunta Sans e o azul Xunta no deseño.
  • No anverso (cara principal) debe figurar o logo da Xunta, aliñado na parte inferior esquerda, a un 50 % de tamaño con respecto ao que este mesmo logo presenta na contracapa.
  • No reverso, deben ir, centrados, os dous logos da Xunta anteriormente mencionados (Xunta de Galicia azul e Xacobeo 21-22 en cor, que se achegan nos arquivos adxuntos). A disposición debe ser na parte inferior, centrados, o da Xunta á esquerda e o do Xacobeo 21-22 á dereita e a un 80 % de tamaño con respecto ao primeiro. Isto debe cumprirse así en todos os casos, sen excepcións.
  • Debe incluírse o texto seguinte: Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

Indicacións para os produtos audiovisuais / vídeos:

  • Os produtos audiovisuais deben levar, despois dos créditos finais, os dous logos antes mencionados (Xunta de Galicia azul e Xacobeo 21-22 en cor, dispoñibles no enlace web indicado do Portal da Lingua Galega). Colocaranse nunha cartela, tal e como figura na mostra I que se pode ver en https://www.lingua.gal/fondo-xacobeo-imaxe-corporativa-e-logos. Isto debe cumprirse así en todos os casos, sen excepcións.
  • Previamente, figurará noutra cartela, tal e como se pode ver na mostra II, o seguinte texto: Este proxecto audiovisual realizouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
  • Ambas as dúas cartelas deben incluír a tipografía Xunta Sans e a cor azul Xunta no deseño e proxectarse cada unha durante un mínimo de 5’’.

Indicacións para a discografía (CD e DVD)

  • Deben incluír a tipografía Xunta Sans e o azul Xunta no deseño.
  • Na contracapa da funda/caixa, deben ir os dous logos antes mencionados (Xunta de Galicia azul e Xacobeo 21-22 en cor, que se achegan nos arquivos adxuntos). Colocaranse na parte inferior, centrados, o da Xunta á esquerda e o do Xacobeo 21-22 á dereita e a un 80 % de tamaño con respecto ao primeiro. Isto debe cumprirse así en todos os casos, sen excepcións.
  • Sobre eles, deixando un espazo de separación, incluirase a seguinte frase: Este proxecto editouse ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
  • Na capa da funda/caixa, debe figurar o logo da Xunta, aliñado na parte inferior esquerda, a un 50 % do tamaño que este mesmo logo presenta na contracapa.
  • Na galleta deben ir os dous logos mencionados ao lado dereito do anel central, o da Xunta á esquerda e o do Xacobeo 21-22 á dereita e a un 80 % de tamaño con respecto ao primeiro.
  • No lombo, debe figurar o símbolo da Xunta (escudo), que se pode descargar aquí: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/simbolo.
VI. RESULTADO FINAL DA EXECUCIÓN DOS PROXECTOS (+)

1. Todos os produtos dixitais, materiais ou servizos presenciais adquiridos para o Fondo X21, na súa versión definitiva, terán, como mínimo, as mesmas características técnicas e de calidade ofertadas na memoria técnica e descritiva do proxecto. Calquera modificación das características detalladas na memoria técnica e descritiva terá que ser previamente comunicada, xustificada e autorizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. En calquera caso, os desvíos substanciais respecto do proxecto inicial, non comunicados, nin xustificados, nin autorizados previamente, serán motivo de resolución do contrato.

No mes de agosto, por razóns das vacacións estivais dunha parte importante do persoal da Secretaría Xeral de Política Lingüística non se autorizarán modificacións nos proxectos adxudicados polo que deberán executarse de acordo coa memoria técnica e descritiva do proxecto que figura no expediente e segundo as condicións da resolución de adxudicación aceptada pola persoa adxudicataria. En calquera caso, a partir do mes de setembro as únicas modificacións que poderán autorizarse serán aquelas que non teñan carácter substancial.

VII. INFORMACIÓN XERAL, COMUNICACIÓN E SOLUCIÓN DE DÚBIDAS (+)

1. As persoas titulares de proxectos adxudicados para o Fondo X21, para executalos de forma correcta, deben consultar a Guía para as persoas adxudicatarias que figura na páxina web na seguinte ligazón.

2. Tamén deberán ter en conta os números de teléfonos e contactos seguintes:

a) Información xeral sobre o procedemento do Fondo X21

Teléfono: 687 041 884

Correo electrónico: info-fondox21@xunta.gal

b) Información especifica sobre programación, execución e desenvolvemento dos proxectos presenciais Fondo X21

Teléfono: 722 248 033

Correo electrónico: coordinacion.rededl.sxpl@xunta.gal

c) O correo electrónico para remitir a ligazón da proba previa á entrega definitiva dos proxectos dixitais será o seguinte: info-fondox21@xunta.gal

d) O teléfono de contacto para concertar cita para entregar os produtos materiais será o seguinte: 630 205 532

e) O correo electrónico para solicitar un cambio motivado na realización de calquera proxecto (sempre previamente á súa realización): info-fondox21@xunta.gal

CUARTA RESOLUCIÓN (+)

Nota informativa

A selección de proxectos admitidos da lista de agarda, segundo o anexo I e o anexo II desta resolución, terá carácter definitivo para as persoas titulares dos proxectos pero non xerará dereitos económicos en favor destas ata que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles notifique a cada unha delas, individualmente, a correspondente resolución de adxudicación do contrato. As persoas adxudicatarias deberán devolvela asinada en proba de conformidade, na forma e no prazo previsto no seu texto.

MOI IMPORTANTE: As persoas adxudicatarias non deben separar o texto da resolución do anexo desta e, polo tanto, a conformidade farase asinando dixitalmente a totalidade da resolución, non só o Anexo I.

Para resolver dúbidas poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal ou chamar ao número de telefono 687 041 884. Para facilitar as respostas das consultas realizadas deberán identificar sempre o NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do expediente (que é o da solicitude inicial para participar no procedemento).

TERCEIRA RESOLUCIÓN (+)

NOTA MOI IMPORTANTE

1. A persoa titular do proxecto admitido con carácter provisional do anexo III acreditará documentalmente que ten persoal contratado para a execución do contrato con data límite do martes 13/07/2021. En calquera caso, recomendámoslle á persoa interesada que non deixe a presentación desta documentación para o último día de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter definitivo, os que causen baixa definitiva no procedemento, así como os admitidos con carácter provisional da Lista de agarda en substitución dos que causen baixa e calquera outra persoa interesada no procedemento poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal para resolver as súas dúbidas.

3. Para facilitar as respostas das dúbidas correspondentes, as persoas interesadas deberán identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do seu expediente (solicitude inicial para participar no procedemento).

Lémbrase que na guía para as persoas adxudicatarias publicada nesta páxina web figura toda a información necesaria sobre o procedemento e un esquema da fase de selección de proxectos na pax.13 da indicada guía.

Para calquera información as persoas interesadas tamén poderán chamar ao número de telefono: 687 041 884

SEGUNDA RESOLUCIÓN (+)

CONFORME DAS RESOLUCIÓNS DE ADXUDICACIÓN

As persoas ás que se lles notifique a súa resolución de adxudicación individualizada deberán devolver toda esta asinada (non só o anexo I) para que non quede invalidada a sinatura do órgano contratante e se identifiquen univocamente as características particulares do contrato. Para iso cómpre non alterar o arquivo da resolución e asinalo íntegro.

Inclúe:

1. Relación de proxectos seleccionados con carácter definitivo (que eran provisionais na primeira resolución publicada) das diferentes modalidades e categorías orzamentarias de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. (Anexo I)

2. Relación de proxectos (da primeira resolución) que causan baixa definitiva (Anexo II)

3. O requirimento colectivo ás persoas titulares da lista da agarda con puntuación suficiente para cubrir as baixas definitivas ( e que vai dirixido só as persoas titulares dos proxectos do Anexo III con carácter PROVISIONAL)

4. Corrección de erros de datos identificativos e outras circunstancias que afectan ás persoas titulares de proxectos seleccionados, rexeitados e da lista de agarda publicados coa primeira resolución administrativa do 15/06/2022 (Anexo IV)

5. Lista de agarda actualizada (Anexo V)

NOTA IMPORTANTE

1. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter provisional do anexo III teñen de data límite ata o luns 5/07/2021 para acreditar documentalmente que teñen persoal contratado para a execución do contrato.

En calquera caso, recomendamos non deixar a presentación desta documentación para o último día de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter definitivo, os que causen baixa definitiva no procedemento, así como os admitidos con carácter provisional da Lista de agarda en substitución dos que causen baixa ou calquera outra persoa interesada no procedemento e que queiran resolver calquera dúbida poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal

Tamén poderán solicitar información sobre calquera dúbida as persoas titulares de proxectos que figuran na Lista de agarda actualizada e as titulares de proxectos respecto dos que na Segunda resolución se corrixiron erros de transcrición de datos identificativos e outras circunstancias erróneas que figuraban na Primeira resolución e que se corrixen coa publicación desta Segunda resolución administrativa de proxectos do Fondo X21.

3. Para facilitar as respostas das dúbidas correspondentes, as persoas interesadas deberán identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do seu expediente (solicitude inicial para participar no procedemento).

Lémbrase que na guía para as persoas adxudicatarias publicada nesta páxina web figura toda a información necesaria sobre o procedemento e un esquema da fase de selección de proxectos na pax.13 da indicada guía.

Para calquera información as persoas interesadas tamén poderán chamar ao número de telefono: 687 041 884

PRIMEIRA RESOLUCIÓN DA SELECCIÓN DE PROXECTOS (+)

NOTA MOI IMPORTANTE:

1. As persoas titulares dos proxectos admitidos provisionais do anexo II teñen de data límite ata o 25/06/2021 para acreditar documentalmente que teñen persoal contratado.

En calquera caso, recomendamos non deixar a presentación desta documentación para os últimos días de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos, en lista de agarda ou rexeitados que queiran coñecer a concreta desagregación da súa puntuación, en función dos criterios de valoración, poderán solicitala mandando un correo electrónico a info-fondox21@xunta.gal

Tamén poderán solicitar información detallada da avaliación dos seus proxectos as persoas titulares dos que sairán como rexeitados ou excluídos.

O correo coa solicitude deberá enviarse desde o correo comunicado na solicitude para efectos da notificación e deberá identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro da solicitude.

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DO FONDO

Esta nova convocatoria, feita pública o luns 8 de marzo de 2021, persegue os seguintes obxectivos:

  • Incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüístico do Fondo creado o pasado ano
  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Proporcionarlles apoio e visibilidade inmediata ás empresas, cooperativas, entidades culturais e profesionais da cultura e da creación artística da Comunidade Autónoma de Galicia

Destinatarios

Poden presentar unha única proposta ao Fondo X21:

  • Profesionais do sector cultural e lingüístico, creativo e artístico galego
  • Empresas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
  • Cooperativas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
  • Entidades ou institucións privadas de carácter cultural e/ou lingüístio sen ánimo de lucro que teñan personal laboral contratado para desenvolver os proxectos

Os proxectos seleccionados recibirán unha contía de ata 6000 €, no caso dos autónomos ou empresas sen persoal a cargo contratado, e de entre 6000 e 15000 € para os profesionais, institucións ou empresas con persoal laboral contratado, así como as cooperativas. En ambos os casos inclúense todos os custos de execución, os impostos e as taxas correspondentes.

Formatos

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden presentarse en calquera destes formatos:

  • Dixitais (vídeos, música, películas, documentais, … pero non páxinas web, aplicacións informáticas ou similares)
  • Presenciais (actuacións teatrais, musicais, exposicións, obradoiros, retransmisións en directo por streaming...)
  • Materiais (libros, audiolibros, xogos, fotografías, pinturas ...)
  • Combinación dos formatos anteriores

Prazos

prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2021.Os proxectos seleccionados publicaranse mediante resolución, que lle será notificada tamén individualmente a cada solicitante.

O prazo de execución dos contratos adxudicados rematará na data especificada na resolución de adxudicación ou no contrato correspondente, e sempre antes do 15 de decembro de 2021.

 

Contacto

info-fondox21@xunta.gal

687 041 884

Horario de atención: luns a xoves de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h; venres de 9:00 h a 15:00 h

Se, por motivos técnicos, resultase difícil contactar telefonicamente, recomendamos que formulen as súas dúbidas ou preguntas a través do correo electrónico e responderémoslles o máis axiña posible.