Volver

Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia

Unidade didáctica froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias

  • Domingo Fontán

    Domingo Fontán

A Real Academia Galega de Ciencias nomeou o matemático Domingo Fontán (1788-1866) Científico Galego 2018, tras cumprírense en 2017 dous séculos do momento en que iniciou a elaboración da Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do territorio galego que levantou mediante medicións xeodésicas e traballo de campo.

O mapa de Fontán foi un traballo sen precedentes en España, un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia. A pretensión desta unidade didáctica elaborada por un equipo coordinado por Xosé A. Fraga Vázquez e Elena Vázquez Cendón é dar a coñecer a figura de Fontán e a importancia da súa obra.